O BNG: "O Museo Naval de Ferrol pódese cualificar como un museo de exaltación e propaganda do Franquismo"

Néstor Rego esixe retirar toda a simboloxía franquista das dependencias de Defensa en Ferrol e na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno que retire toda a simboloxía, os elementos e as informacións que supoñan un ensalzamento da sublevación militar e da ditadura Franquista das dependencias do Ministerio de Defensa das cidades de Ferrol e da Coruña.

O Bloque tamén propuxo revisar todo o contido de rótulos e informacións ofrecidas no Museo Histórico Militar e no Museo Naval para eliminar todo tipo de propaganda franquista e dar unha visión acorde coa realidade histórica, ademais de aproveitar para incorporar o galego nos rótulos e informacións.

"En distintos edificios e dependencias titularidade do Ministerio de Defensa nas cidades da Coruña e Ferrol aínda se poden observar elementos que supoñen un ensalzamento da ditadura", criticou Rego, segundo recolle o BNG nun comunicado, que asegura que teñen que ser retirados, como manda a Lei de Memoria Democrática.

A organización nacionalista tamén lembrou que hai numerosos casos de simboloxía franquista nas devanditas cidades, como o escudo coa aguia Franquista na porta do Comandante de Garda no Cuartel de Atocha da Forza Loxística Operativa. Pola súa banda, o Museo Naval de Ferrol, "pódese cualificar directamente como un museo de exaltación e propaganda do Franquismo", aínda que sexa titularidade de Defensa, segundo o BNG.

Néstor Rego  BNG
Néstor Rego BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta