As probas do certificado de conselleiro de seguridade para transporte de mercadorías serán o 6 de novembro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 13:52

Comparte esta noticia

A Xunta convoca as probas de obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril para o 6 de novembro. Estes exames terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria desta proba. Nesta xornada efectuaranse probas válidas para todas as clases de transporte, especializadas segundo o tipo de mercadorías: explosivos, gases, materias radioactivas, sólidas e líquidas ou líquidas inflamables, entre outras.

A proba constará de dous exercicios: o primeiro, 50 preguntas tipo test; o segundo, sobre supostos acerca das tarefas do conselleiro, con referencia ao modo do transporte e á especialidade correspondente. No caso de renovación do certificado, os aspirantes deberán responder a 50 preguntas tipo test, explica o Goberno galego nun comunicado.

Tren de mercadorías
Tren de mercadorías | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta