Festa da Cervexa para a 'ponte do Pilar' en Verín

Os días 13 e 14 de outubro, o concello celebrará a III edición deste evento que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación. Tamén haberá unha extensa oferta de produtos gastronómicos, animacion infantil e actuacións musicais.

Por Galicia Confidencial | Verín | 12/10/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Volve a Festa da Cervexa a Verín, un evento centrado nesta popular bebida que contará con máis de 20 variedades de cervexas nacionais e de importación, e que se complementará cunha importante oferta que mesturará a gastronomía galega e alemá. Tamén haberá actuacións musicais de primeiro nivel e animación infantil. Así o confirmaron na presentación á prensa Manuel Lorenzo Feijoó, concelleiro de Feiras, e Samanta Barreira Vivián, concelleira de Festexos.

Festa da cervexa (arquivo). Foto: Comunicación Concello de Verín.
Festa da cervexa (arquivo). Foto: Comunicación Concello de Verín.

A festa celebrarase os días 13 e 14 de outubro tendo como epicentro a zona verde da Preguiza. Haberá unha carpa na que estarán colocados os postos de bebidas e alimentación, contando co seguinte horario: o venres de 19.00 a 01.00 horas da tarde-noite; e o sábado de 12.00 a 16.30 h. pola mañá e de 19.30 a 01.30 horas pola tarde-noite.

Manuel Lorenzo Feijóo, concelleiro responsable da área de Feiras, comentaba na presentación que "como cada ano, teremos unha extensa área de expositores onde reuniremos tanto ás principais marcas cervexeiras nacionais como unha destacada representación dos mellores produtos de importación dispoñibles actualmente no mercado".

Pola súa banda, a concelleira de Festexos, Samanta Barreira, adiantaba a oferta de lecer, "a cita cervexeira contará con animación musical en directo no exterior da carpa". As propostas musicais que chegan a Verín son o grupo "Top Secret" ás 23:30 h. do venres 13; e a banda "Dr Slump", para o sábado 14 ás 23:30 h. Para os máis pequenos contarase con divertidos inchables instalados no exterior da carpa da Preguiza durante as dúas xornadas da feira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta