O vindeiro luns actívase unha liña de autobús entre O Barbanza e os hospitais de Santiago

A nova liña, cunha duración estimada de viaxe de 1 hora e 30 minutos, percorrerá un itinerario que terá 7 paradas: a estación de autobuses de Ribeira, estación de autobuses da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Hospital Clínico de Santiago, Hospital de Conxo e estación intermodal de Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade activará desde o luns 9 de outubro unha nova liña de autobús entre a comarca do Barbanza e o Hospital Clínico de Santiago. Con iso, a Xunta busca facilitar os desprazamentos dos traballadores do Hospital Clínico e do Hospital de Conxo desde O Barbanza, ofrecéndolles opcións de mobilidade desde todos os concellos da comarca, con servizos mellor adaptados aos seus horarios de traballo.

A nova liña, cunha duración estimada de viaxe de 1 hora e 30 minutos, percorrerá un itinerario que terá 7 paradas: a estación de autobuses de Ribeira, estación de autobuses da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Hospital Clínico de Santiago, Hospital de Conxo e estación intermodal de Santiago.

Os usuarios disporán de 3 servizos de ida, con saídas da estación de autobuses de Ribeira ás 06.20 horas, ás 13.20 e ás 20.20 horas e chegada ao Hospital Clínico ás 07.40, 14.40, e 21.40 horas, respectivamente; e 3 servizos de volta, con saídas da estación intermodal de Santiago ás 08.10, 15.10 e 22.10 horas e paso polo Hospital Clínico ás 08.20, 15.20 e 22.20 horas. Estes servizos, que funcionarán de maneira diaria durante todo o ano, festividades incluídas, súmanse á mellora das conexións cos hospitais desde outros puntos da comunidade, como desde Lalín, Outes ou Noia.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta