A USC recoñece unha investigación sobre o papel das mulleres en protestas do rural durante o franquismo

A inicitiava didáctica 'Mulleres na lexicografía' foi galardoada nos premios de igualdade da Universidade de Santiago de Compostela, que foron entregados este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2023 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

Unha investigación sobre o papel das mulleres nas protestas do campo galego durante o franquismo e a inicitiava didáctica 'Mulleres na lexicografía' foron galardoadas nos premios de igualdade da Universidade de Santiago de Compostela, que foron entregados este venres. O acto celebrado no salón nobre do Pazo de Fonseca contou coa participación da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, o reitor da USC, Antonio López, e a secreteria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez.

Alí recolleron o seu premio a profesora da área de Filoloxía Alemá María José Domínguez Vázquez xunto a María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rey, docentes da área de Filoloxías Galega e Portuguesa; así como Lola Mosquera Sánchez, Deborah Nebechukwu e Ou-Tong Sih.

O reitor resaltou na súa intervención que os premios pretenden "compartir" o que se fai desde a institución académica en favor da igualdade, tendo en conta que falta por percorrer "un longo camiño". "Non podemos non estar comprometidos coa perspectiva de xénero porque somos as persoas formadoras da cidadanía futura", remarcou Antonio López.

Pola súa banda, a alcaldesa incidiu na importancia duns galardóns "con perspectiva de futuro" e puxo o acento en que "calquera cuestión de xénero debe ser transversal", mentres que a responsable da área de Igualdade da Xunta apelou á "suma de esforzos entre administracións" para avanzar.

Entrega de premios de igualdade da USC
Entrega de premios de igualdade da USC | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta