Ecoloxistas denuncian a "impunidade" do sector mineiro e o acurtamento dos prazos de tramitación de novos proxectos

Aseguran que "os estándares da industria mineira no Estado español demostraron non estar nin sequera á altura da lexislación existente en países como China, Chile, Brasil, Ecuador ou Perú".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 19:11

Comparte esta noticia

Membros de Ecoloxistas en Acción e de comunidades afectadas pola minaría en Touro e San Finx despregaron unha pancarta denunciando "a impunidade do sector extractivo" con motivo do encontro de ministros europeos de Economía en Santiago.

'Stop impunidade minaría' rezaba a pancarta despregada a poucos metros da Cidade da Cultura e no marco dunha iniciativa para denunciar "a inminente aprobación da Lei Europea de Materias Primas Críticas, coa que se acurtarán aínda máis os prazos de tramitación dos novos proxectos mineiros".

"Ademais nesta lei introdúcese a figura de proxectos estratéxicos de interese europeo" cos que, denuncia Ecoloxistas en Acción, "inxectaranse miles de millóns de euros en proxectos destrutivos sen unha avaliación adecuada dos seus impactos".

"Isto levará a un boom especulativo de novos proxectos mineiros", advirten desde a organización, que asegura que "lonxe das mellores prácticas, os estándares da industria mineira no Estado español demostraron non estar nin sequera á altura da lexislación existente en países como China, Chile, Brasil, Ecuador ou Perú".

Protesta de ecoloxistas pola actividade do sector mineiro
Protesta de ecoloxistas pola actividade do sector mineiro | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta