Comeza o outono metereolóxico

A Aemet prognostica unha semana máis fría do normal para a época do ano en case todo o país.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 28/08/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prognostica que a próxima semana, na que comeza o outono meteorolóxico, será máis fría do normal para a época do ano en case todo o país.

Aínda que haberá un ascenso das temperaturas durante os primeiros días, a previsión é que volva refrescar de cara ao fin de semana. Ademais, a Aemet tamén anticipa que será unha semana chuviosa no extremo norte peninsular. As precipitacións estenderanse a outros puntos do norte e leste da Península e a Baleares e durante os últimos días da semana é posible que chova en amplas zonas do país.

Para este luns, en concreto, no extremo norte peninsular espérase que continúe un tempo inestable con ceos nubrados ou cubertos, e precipitacións afectando o norte de Galicia e área cantábrica.

Chuvia e sarabia - Arquivo
Chuvia e sarabia - Arquivo | Fonte: Europa Press

TEMPERATURAS

As temperaturas mínimas irán en aumento no interior noroeste e no extremo suroeste peninsulares, en descenso no cuadrante sueste, norte de Cataluña e Canarias. Poucos cambios no resto. Unicamente poden alcanzarse os 32-34ºC no Guadalquivir e as mínimas non baixarán de 24-26ºC tan só en puntos litorais do sueste e Baleares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta