A Deputación da Coruña e o Deportivo xuntos para promocionar a provincia como destino turístico

A campaña 'A Coruña: unha provincia por descubrir' loce desde hoxe nos equipamentos do equipo masculino e feminino do Real Club Deportivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2023 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente do Real Club Deportivo, Álvaro García, presentaron a nova colaboración institucional nun acto conxunto coa alcaldesa da cidade, Inés Rey, para promocionar a provincia como destino turístico.

Foi en presenza dun 'once' branquiazul formado por seis xogadoras e cinco xogadores deportivistas, para destacar o apoio en igualdade da Deputación tanto ao equipo masculino como ao feminino, o Deportivo Abanca.

A campaña 'A Coruña: unha provincia por descubrir' loce desde hoxe nos equipamentos do equipo masculino e feminino do Real Club Deportivo, unha presenza que se estenderá tamén as diferentes accións de promoción, dentro do estadio e nas instalacións e eventos do Club deportivista.

Noutra orde de cousas, a institución provincial outorgou as obras de mellora da seguridade viaria na estrada DP-4802 do Concello de Miño. Ademais, o seu presidente provincial, Valentín González Formoso, e o seu homólogo de Cogami, Ángel Queiruga, asinaron un acordo de colaboración entre as dúas partes polo que a entidade provincial realiza unha achega de 105.000 euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, con xogadoras do Deportivo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, con xogadoras do Deportivo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta