Probas para condutor de taxi en Santiago: como chegar dun punto a outro no menor tempo posible

O Concello de Santiago abrirá entre o 1 e o 15 de setembro o prazo de presentación de solicitudes para realizar a proba de obtención do permiso municipal de condutor de taxi. O exame terá lugar o 2 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2023 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

O Concello de Santiago abrirá entre o 1 e o 15 de setembro o prazo de presentación de solicitudes para realizar a proba de obtención do permiso municipal de condutor de taxi. O exame terá lugar o 2 de outubro.

A proba consistirá nun cuestionario por escrito no que se formularán quince preguntas: dez delas relativas aos coñecementos necesarios e cinco itinerarios nos que se facilitará un punto de saída e un de chegada, debendo seleccionar a resposta que representa o percorrido máis curto, tendo en conta os sinais de tráfico.

As persoas interesadas en realizar a proba deberán dirixir a súa solicitude á alcaldesa do Concello de Santiago, empregando o modelo dispoñible na sede electrónica do consistorio, xunto coa documentación pertinente.

Taxistas nunha protesta polo borrador da Xunta sobre os VTC
Taxistas nunha protesta polo borrador da Xunta sobre os VTC | Fonte: Jesús Prieto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta