Rescatado o ocupante dun vehículo en Mazaricos atrapado nos asentos de atrás

Así o solicitaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tras examinar o estado e posición da ferida.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2023 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Un coche sufriu unha saída de vía ao seu paso por Mazaricos o pasados venres. Foi nnecesaria a intervención dos Bombeiros do Xallas e do GES de Muro rescatar a unha persoa ocupante dos asentos traseiros do vehículo.

Segundo informa o 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía e quedou semi envorcado sobre un muro. Esta situación inestable do coche recomendou a intervención dos equipos de rescate para evitar os menores danos posibles.

Así o solicitaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tras examinar o estado e posición da ferida.

Nesta intervención participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Garda Civil de Tráfico. O sinistro produciuse ás 20,40 horas do venres na DP-3404, na estrada desde Piñeiro do Val á Picota, ao paso por Mazaricos.

Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia
Ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias de Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS-061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta