Así foi a evolución do voto útil en Galicia

A quen beneficiou o voto útil?. Serviu dalgo no caso dos resultados en Galicia?. O acontecido nas provincias de Lugo e Ourense é ben significativo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/07/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Esta campaña electoral vaise lembrar como a campaña do "voto útil". Tanto populares coma socialistas apelaron durante toda a carreira electoral a ese "voto útil". Unhas papeletas que rematarían coa "agonía do Sanchismo" nun caso ou servirían para evitar un goberno da ultradereita, no outro. A campaña polarizada funcionou en boa parte do Estado, pero houbo diferencias importantes.

Urna cunha chea de papeletas de votación
Urna cunha chea de papeletas de votación | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

En Cataluña o voto útil foi para o PSOE, mentres que en Madrid foi para o PP. E, en Galicia?. Aquí, a presenza de tres listas pola esquerda xogou a favor do PPdeG que conseguiu, ademais, facerse con boa parte do voto útil dos que hai catro anos apostaron pola ultradereita e por Ciudadanos.

O PPdeG subiu case un 12% en número de votos, 125.000 máis que hai catro anos. A maior parte deles, dos que no seu día tivo Ciudadanos, 65.000 nos comicios de hai catro anos, e os que Vox se deixou polo camiño este domingo, case 40.000. 

Os socialistas baixaron case 15.000 votos con respecto ás eleccións de novembro de 2019 e Sumar (antes Galicia en Común), 12.000. Unhas papeletas que, en parte foron para o BNG que pasou de 120.000 a 152.000, un 1,4% máis que en 2029, pero que quedou lonxe das súas expectativas de obter representación en todas as provincias galegas. 

MENOS VOTOS PERO MÁIS ESCANOS

De aí, a importancia do voto útil en Galicia. Os resultados deste domingo deixaron en Galicia a PP e Vox sumando o 48% dos votos, pero con 13 escanos, o 56,5%" fronte a unha esquerda de PSdeG, Sumar e BNG que ten o 50,5% dos votos, pero só un 43,5% dos escanos".

E onde mellor se reflexa a utilidade deste voto é nas provincias de Lugo e Ourense. Na primeira, BNG e Sumar obtiveron 27.000 votos que non teñen representación e en Ourense, máis de 25.000 votos sen representación. Por iso, o voceiro do PSdeG no Parlamento galego, Luís Álvarez, lamentaba que este voto da esquerda vaia para o PP en forma de restos. "Se fora para o PP falariamos de resultados moi diferentes", insistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta