O PPdeG rexeita que Feijóo explique a súa actividade como senador na Cámara galega

Alega que a iniciativa do BNG non está recollido no regulamento do Parlamento galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2023 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O BNG levou á Comisión Institucional do Parlamento de Galicia unha solicitude de modificación da orde do día que propuña incluír un punto para demandar que os senadores por designación autonómica, entre eles o presidente do PP, Alberto Núñez Feijóo, comparecesen na Cámara para render contas da súa actividade na Cámara alta, unha petición que foi rexeitada polos votos dos populares. O PsdeG abstívose.

Esta cuestión foi debatida e votada ao comezo da Comisión 1ª celebrada este mércores no Pazo do Hórreo, onde o parlamentario nacionalista Luís Bará censurou que "ningunha" do cinco inciativas presentadas como senador polo candidato á Presidencia do Goberno do PP tivese relación con Galicia.

A proposta do Bloque pretendía sustanciar unha comparecencia de Feijóo e do tamén senador por designación autonómica a proposta do PP, Miguel Tellado, nas próximas semanas aproveitando a celebración de sesións extraordinarias que a Comisión 1ª prevé celebrar este verán.

Bará remarcou na súa intervención que "por decencia e responsabilidade" deberían acudir a "render contas" da súa actividade estes senadores electos para representar á Cámara autonómica no Senado.

Con todo, a alteración da orde do día foi rexeitada tanto polo grupo maioritario, o PP, como polo socialista. Estes últimos, a través da deputada Paloma Castro, manifestaron que estaban de acordo en que os senadores repasen a súa actividade ante a cámara que representan pero que esta cuestión non está contemplada no regulamento do Parlamento, polo que convidou ao BNG a que expoña unha modificación das normas do Lexislativo galego para incluír esta obrigación.

Pola súa banda, o deputado do PP Alberto Pazos Couñago cualificou a solicitude de "extemporánea" e falta de "motivos" máis aló do que considera un intento do BNG de "alterar o normal desenvolvemento" da campaña electoral para as xerais do próximo domingo 23 de xullo.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén  durante un acto electoral do Partido Popular, no Eurostars Gran Hotel Lugo
O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, intervén durante un acto electoral do Partido Popular, no Eurostars Gran Hotel Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta