Tres feridos tras saída de vía e chocar contra unha árbore en Vila de Cruces

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/07/2023 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas ao saírse da vía o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha árbore no lugar de O Castro de Cumeiro, no municipio pontevedrés de Vila de Cruces.

A consecuencia do impacto, o tres ocupantes do turismo tiveron que ser evacuados en ambulancias ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Os feitos sucederon minutos antes das 05,00 horas. Nese momento, os profesionais do 061 puxéronse en contacto co 112 Galicia para informar o suceso.

Cos datos achegados polos profesionais sanitarios, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos Bombeiros de Silleda, aos membros do GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros de Protección Civil de Vila de Cruces.

Ademais, despois da evacuación dos feridos, que estaban liberados e accesibles, os servizos de emerxencia efectuaron a limpeza da estrada para restablecer as condicións óptimas de seguridade no punto.

Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia.
Helicóptero e ambulancia do Urxencias Sanitarias 061 Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta