A Xunta deixou sen executar 87 millóns de Emprego e 31,2 de Política Social en 2022

A execución orzamentaria da Xunta acadou o 95% en 2022.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

A execución orzamentaria da Xunta alcanza o 95% en 2022, segundo os datos publicados pola Consellería de Facenda no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste venres.

Nos datos publicados no DOG figura que o crédito non executado da Administración Xeral foi de 604,3 millóns de euros, cun total de crédito executable de 13.712,7 millóns. Na táboa feita pública este venres figura que quedaron sen gastar 86,9 millóns de euros na Consellería de Emprego e Igualdade --cun crédito inicial de 428,5 millóns e unha ampliación de crédito de 111,4 millóns--. Séguenlle os 57,7 millóns sen executar da Consellería de Medio Ambiente e os 31,2 millóns de Política Social.

O resto de saldos dispoñibles por departamentos son: Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía (26,6 millóns); Consellería de Cultura, Educación e Universidades (22 millóns); Consellería do Medio Rural (4,6 millóns); Consellería de Sanidade (4,5 millóns); Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (4,5 millóns); Consellería do Mar (3,5 millóns); Presidencia da Xunta (1,5 millóns); Vicepresidencia 1ª e Consellería de Presidencia (1,3 millóns); Consellería deFacenda (95.588 euros).

Segundo o publicado no DOG, os organismos que esgotaron toda a partida da que dispuñan foron: o Parlamento, o Consello de Contas, o Consello da Cultura Galega e o Consello Consultivo.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, preside a reunión do Consello | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta