A migraña, a enfermidade banalizada que tarda de media seis anos en ser diagnosticada

Ademais no 40% dos casos nin sequera se diagnostica.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/06/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Estímase que en España máis de 1 millón de persoas sofren migraña de maneira crónica e máis de 4 millóns de forma episódica, afectando nun 80% dos casos a mulleres. Se nos centramos a nivel mundial, é a terceira enfermidade máis prevalente e o trastorno neurolóxico máis discapacitante entre os 16 e 50 anos. Pero o máis preocupante é que o 95% dos doentes tarda unha media de seis anos en recibir un diagnóstico e o 40% está sen diagnosticar.

Migraña, dor de cabeza, cefalea
Migraña, dor de cabeza, cefalea | Fonte: Pexels-Keira Burton

A migraña non é só unha dor de cabeza común e ocasional que ten calquera, senón que os que sofren desta enfermidad poden chegar a experiementar síntomas moi incapacitantes que limitan a funcionalidade e afectan gravemente á calidade de vida, posto que inflúen negativamente na vída persoal, laboral, e nos estudos, xa que, na maioría dos casos comeza a idades moi novas.

Sobre isto, Isabel Colomina, presidenta de AEMICE (Asociación Española de Migraña e Cefalea), di que a banalización social é unha das principais trabas que atopan os doentes. “Estamos fronte unha enfermidade neurolóxica discapacitante, pero cando lle dis a alguén que tes migraña equiparao cunha simple dor de cabeza", explica Colomina.

Por isto, apunta que proporcionar información sobre a migraña é fundamental para mellorar o diagnóstico e o tratamento, e salienta a necesidade de concienciar á sociedade sobre o que supón sufrir esta enfermidade. “A migraña é a primeira causa de discapacidade nos adultos menores de 50 anos, sen embargo, os pacientes teñen un problema grave para que se lles recoñeza dita discapacidade por parte dos organismos responsables”, remarca Colomina.

Cabe destacar que canto maior sexa a frecuencia das cefaleas, maior será o risco de expriementar trastornos psicolóxicos e do sono, incluíndo depresión, ansiedade e insomnio, enfermidades cardiovasculares como a anxina de peito, a hipertensión e o risco de infarto isquémico; trastornos gastrointestinais e trastornos relacionados con procesos inflamatorios coma a asma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta