Un desprendemento de terra na estrada ourensá de Reza corta totalmente o tráfico e arrastra unha caravana

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/01/2023 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Un desprendemento de terra obrigou a cortar este domingo a estrada de Reza, en Ourense, fronte á depuradora, segundo informou o propio Concello.

Explican que ás 13.26 horas a Policía Local de Ourense tiña coñecemento do desprendemento que cortou totalmente a estrada e que chegou a arrastrar unha caravana que circulaba polo lugar, desprazándoa ata o parque situado á beira da depuradora. Con todo, non houbo que lamentar danos persoais.

Nestes momentos, a estrada permenece pechada dende Alongos (pola Garda Civil) ata a gasolineira de Reza (pola Policía Local).

Policía Local e bombeiros interveñen tamén a esta hora no túnel de Bobadela e vixían o nivel do auga nas beiras do Miño, próximo a alagar a zona termal do Tinteiro.

Cortada a estrada de Reza por un desprendemento de terra
Cortada a estrada de Reza por un desprendemento de terra | Fonte: Garda Civil de Ourense

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta