Non hai quen lle gañe a Galicia en materia de polbo

O Carballiño volve bater a súa marca coa tapa de polbo máis grande do mundo: 515 quilos en menos de 11 minutos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/08/2022 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O Concello ourensán do Carballiño superou a súa propia marca á hora de elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo: nesta ocasión foron 515 quilos cortados en menos de 11 minutos grazas a 30 pulperos e pulperas sobre un prato de 5,37 metros de diámetro.

"Vós sodes os auténticos protagonistas", eran as palabras que lles dedicaba o rexedor municipal, Francisco Fumega, aos pulperos durante unha homenaxe esta mesma semana agradecéndolles que "sen eles non sería posible conseguir a declaración de Interese Turístico Internacional" que levaban anos perseguindo.

Pois "os auténticos protagonistas" encargáronse de que a auga estivese no seu punto, que non faltase o aderezo de aceite oliva, sal e pemento e de cortar o cefalópodo polo que se coñece a vila para ofrecer sobre 2.000 racións.

A cita estaba convocada ás 19.00 horas, pero o certo é que comezou unha hora máis tarde porque entre medias os pulperos tiñan que prepararse para desenfundar as tesoiras con gran rapidez. E conseguírono. Na praza do Concello, a trintena de picadores comezaron a trocear o animal coas badaladas das oito da tarde, e co reto de baixar dos 11 minutos 7 segundos o tempo empregado, demostraron xogo de boneca áxil para terminar ás 20,11 horas. Once minutos exactos.

Unha persoa curta un polbo con tesoiras, durante a celebración da Festa do Polbo, a 8 de agosto de 2021, no Carballiño
Unha persoa curta un polbo con tesoiras, durante a celebración da Festa do Polbo, a 8 de agosto de 2021, no Carballiño | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta