Protesta en Curtis contra a "invasión eólica" na zona

Participaron unhas 2.000 persoas convocadas por distintos colectivos .

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/04/2022 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Unhas 2.000 persoas convocadas por distintos colectivos expresaron este sábado en Curtis o seu rexeitamento á "invasión eólica" na zona, onde están proxectadas varias iniciativas de parques que afectan a varios concellos da comarca.

Manifestación en Curtis contra a 'invasión' eólica
Manifestación en Curtis contra a 'invasión' eólica | Fonte: AIRE LIMPO NAS MARIÑAS-MANDEO.

A marcha partiu do cruzamento de Curtis e xerou unha longa fila de manifestantes. Segundo a organización, que expresou a súa satisfacción coa resposta dos veciños, participaron na manifestación unhas 2.000 persoas.

Baixo un ambiente festivo, a marcha transcorreu con cánticos como 'Eólica si, pero non así', 'Endesa, Enel, a mesma merda é' ou 'Os veciños unidos xamais serán vencidos'.

A manifestación, apoiada polos alcaldes de Abegondo, Aranga, Boimorto, Curtis, Frades, Vilasantar, Mesía, Frades e Oza-Cesuras; contou coa participación dos deputados do BNG na Cámara autonómica Mercedes Queixas e Xosé Luís Rivas 'Mini'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta