O BNG non apoiará os PGE ao ver "insuficiente" o investimento en Galicia

"O BNG non vai votar a favor, non podemos facelo en coherencia coa defensa dos intereses de Galicia", apuntou Néstor Rego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) non apoiará os Orzamentos Xerais do Estado de 2022 e absterase tras non conseguir "avances significativos" na súa negociación co Goberno pero, sobre todo, pola súa negativa a unha intervención pública en Alcoa, o que bastaría para que os nacionalistas galegos apoiasen as contas.

"Apoiariamos o PGE a cambio da intervención pública de Alcoa. Lamentablemente, o PSOE non estivo disposto a dar ese paso", dixo ante o Pleno do Congreso, Néstor Rego, asegurando que "se París ben vale unha misa, a actividade económica e os postos de traballo da Mariña ben valen o voto favorable do BNG".

Máis tarde, Rego aclarou en rolda de prensa convocada no Congreso que o BNG se absterá nas votacións decisivas das contas públicas de 2022, e que espera que PSOE e Unidas Podemos apoien as emendas pactadas durante a negociación. Na súa intervención ante o Pleno do Congreso, que debate esta semana as novas contas públicas e as súas emendas, Rego asegurou negociar "ata esta mesma mañá" co Executivo. "Lamentablemente, o resultado é decepcionante", dixo, recriminando ao Goberno que non fixese "un esforzo real por parte do Goberno".

"O BNG non vai votar a favor, non podemos facelo en coherencia coa defensa dos intereses de Galicia", resumiu, asumindo que non conseguiu "avances significativos" en mellora de infraestruturas ferroviarias, impulso de proximidade ou a creación de novos xulgados especializados en violencia de xénero para Lugo, Ourense e Santiago, un compromiso que se recolle no seu acordo co PSOE.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, no pleno
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, no pleno | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta