A Xunta recolle un premio pola súa xestión da sanidade en pleno colapso da atención primaria

Unha revista recoñece a sanidade galega como a "máis innovadora" do Estado a pesar das múltiples denuncias sobre a falta de médicos, a contratación temporal e as longas listaxes de espera.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recolleu en Madrid o premio que distingue a Galicia como a comunidade autónoma coa actividade sanitaria "máis innovadora", nos galardóns anuais que convoca a revista especializada no sector sanitario 'New Medical Economics'. Xusto no momento en que a xestión da Xunta de Galicia está máis en entredito polas reiteradas denuncias de saturación na Atención Primaria e que estarían a afectar mesmo a pacientes oncolóxicos. 

Así o informou este mércores nun comunicado a Consellería de Sanidade, que explica que o galardón foi recollido este luns. Ademais, subliñou que a Comunidade galega "destacou este ano no uso das tecnoloxías da información aplicadas a todo o proceso de vixilancia, vacinación e atención sanitaria á Covid, na implantación de procesos de teleasistencia e abrindo novas canles de atención sanitaria á cidadanía a través da app SergasMóbil", que en meses pasado sufriu duras críticas polas caídas do servizo á hora de solicitar cita para a vacinación..

Ademais, a Consellería de Sanidade sinalou que a inclusión da cirurxía avanzada robótica no sete áreas sanitarias supuxo tamén "un salto cualitativo". 'New Medical Economics' outorga os seus premios a investigadores, compañías e administracións que contribúen "dun modo significativo", resalta Sanidade, ao desenvolvemento da Biomedicina e as Ciencias da Saúde en España e que, engade, "manteñen unha actividade investigadora innovadora, de xestión e de atención ao paciente".

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comparece ante a Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta