Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2021 | Actualizada ás 12:08
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que se volverá a presentar para encabezar a candidatura interna e liderar a formación nacionalista, co "reto" de gañar a Xunta en 2024, porque "por primeira vez", proclamou, a formación nacionalista está en "condicións de disputar a hexemonía ao PP". "Sería un erro maiúsculo e un lastre para o reto que temos por diante non facer un alto no camiño", exclamou, antes de afirmar: "Seguir coma se nada, non era unha opción".
Pontón escolleu un hotel compostelán para comunicar a súa decisión que anunciou como unha reflexión persoal. De feito, o acto estivo marcado pola ausencia de dirixentes ou militancia. "Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, desputando a hexemonía ao PP", proclamou na súa intervención.
Os últimos días deste período de reflexión interna, que arrincou hai aproximadamente dous meses, dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo Consello Nacional --máximo de órgano de decisión entre asembleas-- este sábado, unha semana antes do plenario da XVII Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.
Sobre esta candidatura non quixo avanzar nomes concretos, máis aló de que apuntou que a idea é conformar un equipo para afrontar o goberno en San Caetano, tras "liderar" a oposición. Non en balde, os documentos políticos para a asemblea recollen por primeira vez de forma explícita esa vontade de liderar San Caetano.
"DISPUTARLLE A HEXEMONÍA AO PP"
"Dou por finalizado (o proceso de reflexión) trasladando a miña decisión de encabezar a candidatura que o Consello Nacional presentará ante a militancia. Fágoo con toda a convicción e ilusión de comprobar que hai unha ampla maioría que comparte este obxectivo e o reto de traballar para disputarlle a hexemonía ao PP", comunicou, a súa decisión, Pontón.
A líder nacionalista lembrou que a súa candidatura pasa polo referendo da asemblea nacional. "Se así o decide a militancia, seguirei sendo a portavoz nacional co obxectivo de sumar a ese gran reto colectivo", emprazou, no seu discurso, na que concluíu: "Son das que penso que a política non vai só de ter razón, senón en construír un proxecto gañador, e iso só é posible se a cidadanía che dá a razón. E iso é o que colectivamente queremos lograr no BNG: construír un proxecto gañador e liderar o Goberno de Galicia".
Pontón apuntou a nova situación que se abre tras pasar da "resistencia, á reorganización" e, agora, o período de "despegamento". "Estamos nunha nova etapa no que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social, converter o BNG nunha forza maioritaria, disputando a hexemonía ao PP", defendeu na súa intervención, na que advertiu de que o obxectivo "vas moito máis alá de conseguir un puñado máis de escanos".
"O RETO"
"O reto é liderar Galicia, porque hoxe lideramos a oposición, pero en 2024 queremos liderar o Goberno do país e construír, entre todos, esoutra Galicia posible", apuntou. A líder nacionalista recoñeceu que "non é habitual que alguén se cuestione a súa idoneidade para seguir á fronte dunha organización tras obter o mellor resultado electoral". Desvinculouno absolutamente da súa vida persoal privada, ao ser preguntada por iso, algo que non vería cuestionado, cre, se non fose unha muller, e asegurou que ela non ve como un "sacrificio" persoal o reto que ten por diante.
Pontón, que volveu incidir que a súa maneira de entender a vida pasa por "non dar nada por sentado e fuxir de camiños trillados", sinalou que, ao longo destes meses, "foron moitas as persoas" coas que falou, entre compañeiros con responsabilidade orgánica e política, militantes de base, persoas a pé de rúa nos concellos, e tamén con persoas que non militan no BNG, desde o tecido asociativo, veciñal, sindical, de empresa, do mundo da cultura, activistas, do ámbito feminista e xuvenil.
CANDIDATURA
Os últimos días deste período de reflexión interna, que arrincou hai aproximadamente dous meses, dedicounos a abordar a configuración dunha candidatura, que será apoiada polo Consello Nacional --máximo de órgano de decisión entre asembleas-- este sábado. Será unha semana antes do plenario da XVII Asemblea Nacional na que Pontón busca saír cun liderado reforzado, o cal obtivo en xullo de 2020 nas urnas o referendo como segunda forza política, con 19 deputados na Cámara galega.
Sobre esta candidatura non quixo avanzar nomes concretos, máis aló de que apuntou que a idea é conformar un equipo para afrontar o goberno en San Caetano, tras "liderar" a oposición. Non en balde, os documentos políticos para a asemblea recollen por primeira vez de forma explícita esa vontade de liderar San Caetano.
OS RETOS QUE EXPÓN
Pontón fixou os retos "importantes" que ten a formación por diante: "seguir fortalecendo a organización e ensanchar a base social; seguir avanzando nas eleccións municipais; aumentar a representación nas Cortes do Estado; e "sentar as bases sólidas traballando ao longo do tres anos para o gran reto: presidir o Goberno de Galicia en 2024".
"Unha nova etapa na que o proxecto do BNG ten que chegar á maioría social. É o obxectivo e a aspiración nesta nova etapa: converter ao BNG nunha forza maioritaria disputándolle a hexemonía ao PP", apuntou, por iso, dixo, a obrigación dunha forza política "seria e dos seus dirixentes é ler ben o momento actual e acertar para seguir gañando a confianza de máis galego".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.