A proba ciclista transfronteiriza 'Xurés Bike Tour' reunirá a 200 deportistas o próximo fin de semana

Os ciclistas proveñen de 12 provincias españolas e do norte de Portugal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2021 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A proba ciclista transfronteiriza 'Xurés Bike Tour' reunirá a 200 deportistas e afeccionados do ciclismo o próximo fin de semana. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou a proba este luns. A carreira enmárcase no proxecto europeo Fronteira Esquecida Río Limia-Lima e celebrarase durante os días 18 e 19 e 20 na Serra do Xurés.

Para o evento, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), dentro do Programa Interreg España-Portugal, citaranse máis de 200 deportistas e afeccionados procedentes de 12 provincias españolas e do norte de Portugal que percorrerán 120 quilómetros.

A proba desenvolverase polo espazo da Reserva da Biosfera transfronteiriza no Parque Natural Xurés. Poderá disputarse tanto na modalidade individual como en parella e, como novidade, en bicicleta eléctrica "para facilitar unha maior participación".

A primeira etapa comezará na tarde do venres 18 cun prólogo de 12 quilómetros que se iniciará e finalizará no Concello de Muiños. A segunda terá lugar o día 19, sendo a máis longa con case 70 quilómetros empezando e finalizando no complexo turístico do Corgo, tamén no Concello de Muiños, e pasando por Pitoes das Junias no municipio portugués de Montealegre.

Finalmente, concluirá o domingo 20 con 42 quilómetros que sairán e terminarán na área termal de Río Caldo en Lobios.

"REFERENTE NACIONAL"

A carreira ten como padriño ao exciclista profesional Óscar Pereiro, que recibiu o dorsal número 1 da proba de mans do presidente provincial. "É un plus de calidade contar con el para unha carreira que permite seguir falando de recuperación e de volta o espectáculo deportivo en contacto coa natureza", destacou.

Ademais, Baltar trasladou que espera que a proba se converta nun "referente nivel nacional" manifestando que "ofrecerá a posibilidade de descubrir a provincia que máis quilómetros de fronteira ten con Portugal" e que "en breve estará conectada, en só dúas horas, coa capital do país grazas ao AVE".

Pola súa banda, Óscar Pereiro, destacou que "se comeza a ver a luz" e a facer eventos "despois dun ano e medio terrorífico. O deporte ofrece unha xanela para despexar a mente e superar todo ese tempo".

Ademais, Pereiro manifestou a boa idea que supón incluír a modalidade de bicicleta e eléctrica, "fabuloso invento para que todo tipo de persoas, sexa cal for a súa condición física, poidan participar en probas como esta".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta