Por Galicia Confidencial | Lousame | 28/12/2020 | Actualizada ás 15:20
Ecoloxistas en Acción ven de denunciar a existencia de depósitos de hidrocarburos construidos ilegalmente en monte veciñal sobre solo rústico de protección das augas nas minas de San Finx, en Lousame. Así, alerta que os depósitos encóntranse rodeados de plantacións forestais e bosque, supoñendo un grave risco en caso de incendios forestais.
A entidade ecoloxista puxo este feito en coñecemento das autoridades nas súas alegacións ao Plan Municipal de Prevención de Incendios de Lousame, documento no que, di, "sorprendentemente, se excluíran estas instalacións e outras edificacións próximas tamén utilizadas pola mineira do grupo Sacyr, da rede de faixas nas que se establecen obrigas para a xestión da biomasa".
Ecoloxistas en Acción detectou outros erros e omisións no entorno das minas de San Finx, como son a inclusión de faixas perimetrais arredor de edificacións inexistentes, ao que se suma problemas de fondo como a omisión da rede de pistas, vías, camiños, estratas e montes de titularidade municipal, o que determina a nulidade do plan.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.