Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 16:58
Doce casos positivos de Covid-19 foron detectados en dous cribados que se realizaron aos 185 traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Así o informaron fontes sanitarias, que puntualizaron que, ademais dos 12 casos positivos, "14 persoas están cuarentenadas".
As mesmas fontes sanitarias destacaron que está programado "un terceiro screening" na próxima semana para "facer un seguimento" desta situación tras ser detectado o primeiro caso o pasado venres 16 de outubro.
O servizo de cociña do CHUS "segue prestándose sen incidencias", subliñan as mesmas fontes sanitarias consultadas, "e con total garantía", sentencian.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.