Unha sociedade ao límite

O infame espectáculo vivido estes días no panorama político debería facer reflexionar seriamente á nosa sociedade sobre a necesaria rexeneración dunha caste que demostra día a día o viciado do seu proceder baixo a suposta representatividade da soberanía popular.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 02/10/2012

Comparte esta noticia
Tanto Partido Popular como o Partido Socialista, ou en menor medida o BNG, amosan unha certa decadencia nas mensaxes dende o momento que a realidade supera reiteradamente as mentiras das súas supostas proclamas éticas. Chegou o momento dunha necesaria reforma lexislativa pola cal calquera cargo institucional imputado polo poder xudicial quede apartado do exercicio de cargos públicos, mentres dure ese proceso. Xa non chega co voluntarismo dos discursos baleiros, senón que chegou o momento de lexislar. Partidos que agroman dende a desafección da sociedade polos tradicionais, como é o caso de Compromiso por Galicia, avogan por presentar ante o electorado "listas brancas" nas que as persoas inmersas en procesos xudiciais como imputados, non poderán acceder a formar parte das súas listas electorais, ademais do compromiso expreso de dimitir de xeito inmediato en caso de ser imputados por suborno.
 
É certo que a sociedade empeza a demandar unha necesaria limitación de mandatos para que determinadas castes non se perpetúen no poder. Desa permanencia veñen os vicios adquiridos e a propensión a determinadas corruptelas. A política debe ser contemplada como unha vocación de servizo, limitada no tempo, e non como unha profesión na que perpetuarse de xeito temporalmente indeterminado. É posible que algúns de vostedes aplique a regra da presunción de inocencia para non asumir dimisión previas ás sentencias xudiciais, mais deberían ter claro que dita presunción non é máis que unha situación procesal, e non unha táboa de salvación á que acollerse durante o naufraxio que supón unha imputación desa gravidade, mais na actividade política os parámetros deberían ser distintos, porque a política debe ser exemplar e non unha demostración de miseria colectiva, dos mesmos que debendo ser un exemplo para a sociedade, non son máis que cargas non asumibles para ela. 
 
Ou non?
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA