Algas para o control da contaminación mariña

A bióloga galega Rita Seoane encabeza unha investigación que avanzou no uso das macroalgas para o siguimiento e control da contaminación no medio mariño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A bióloga da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Rita Seoane encabeza unha investigación que avanzou no uso das macroalgas para o siguimiento e control da contaminación no medio mariño.

Recollida de algas
Recollida de algas | Fonte: USC.

O traballo desenvolvido por esta bióloga contribuíu a mellorar os mecanismos e técnicas para monitorar a contaminación por metais pesados, metaloides e nitróxeno, que provoca "unha degradación constante nos ecosistemas costeiros e mariños".

"A vixilancia e a avaliación da calidade do medio están a se converter nunha prioridade a nivel mundial, con medidas e estratexias lexislativas para mitigar o impacto da contaminación, así como protexer e conservar os ecosistemas", destacou a investigadora.

Así, resaltou que as análises realizadas nestas algas "proporcionan unha estima realista do impacto deses contaminantes no medio acuático, pois moitos deles son persistentes e poden ser tóxicos e susceptibles de biomagnificarse nas cadeas tróficas".

Deste xeito, a investigación desta bióloga do Instituto Cretus da USC permitiu desenvolver estudos experimentais para avanzar cara á concreción dun protocolo estandarizado.

Os resultados, que forman parte da tese doutoral de Rita García Seoane, foron publicados en varias revistas de "alto impacto" como 'Science of the Total Environment', 'Environmental Pollution' ou 'Ecological Indicators'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta