Debate sobre o estado das persoas

O goberno central, dirixido hai poucos meses polo galego Mariano Rajoy, decidiu que nesta ocasión, non é necesario que o Parlamento español onde están os representantes da soberanía popular, celebre o debate sobre política xeral do Estado, máis coñecido como “debate sobre o estado da nación”, aínda que algúns pensamos que sería máis correcto denominalo “debate sobre o estado do Estado…”

Por Rafael Cuiña | Lalín | 23/06/2012

Comparte esta noticia

 Probablemente a existencia dunha certa tradición non escrita sobre a non celebración deste debate, no primeiro ano de lexislatura dun presidente do goberno, poida de servir de escusa á hora de dar unha explicación ante á cidadanía do porque desta negativa, aínda que o resultado de dita omisión sexa indubidablemente negativa para a imaxe do goberno do Estado. Nun momento no que os nosos gobernantes dan a sensación de que o máis cómodo é someterse aos mercados que pensar, a cidadanía asiste perplexa a unha desidia informativa sobre o estado das cousas, que causa unha evidente alarma social, incrementada gradualmente cada vez que un abre un xornal. Os datos sobre o “non rescate” ao sistema financeiro español, en cifras millonarias que desbordan calquera entendemento sobre a xestión das entidades financeiras, ou a desaparición de facto e por etapas, do chamado anteriormente “sistema financeiro galego”, non son máis que os rótulos de entrada a un deserto social, no que o calor polo día será insoportable, e as noites especialmente frías. A pesares de sucesivas “barras libres de liquizez”, FROBs e rescates, o certo é que nin os autónomos, nin as PEMES, nin as familias, poderán acceder ao crédito necesario para a supervivencia.

 
Algúns economistas reputados como Stiglitz ou o propio Krugman, a pesares do seu evidente discurso ideoloxizado, repiten permanentemente que coa austeridade non se sae da crise, e agoiran o suicidio do euro; o propio Obama fala da necesidade de políticas de crecemento neste momento e de austeridade a medio e longo prazo, mentres en Europa a chanceler xermana mira para outro lado mentres esixe o cumprimento de políticas suicidas para os demais, e beneficiosas para o seu IV Reich. O bucle no que se meteu a economía europea, e a tormenta perfecta que están a sufrir as economías galega e española, non é máis que a certeza de que os modelos económicos fracasados, e o sistema en estadio terminal no que vivimos, non é máis que un debate sobre o benestar duns  poucos sen alma, a costa do necesario debate sobre o estado das persoas.
 
Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA