Unha dieta de dura realidade

Unha vez máis, o Centro de Investigacións Sociolóxicas, reflicte o sentir da cidadanía con respecto a súa caste política.

Por Rafael Cuiña | Lalín | 11/06/2012

Comparte esta noticia

Como se dun combate entre a realidade e a burbulla de cristal na que viven algúns se tratase, as enquisas deixan absolutamente claro, que unha gran parte da sociedade considera aos políticos un problema social, máis que unha ferramenta para a solución dos seus problemas.

A presidenta da comunidade madrileña, Esperanza Aguirre, propuxo estes días a redución do número de deputados da asemblea madrileña á metade, como medida de aforro ante a crise que padecemos. Probablemente a presidenta pretenda poñer cortiñas de fume ante os datos do déficit público da súa xestión, no que a valoracións foise finalmente ao dobre do de declarou, ou mesmo ir tomando posicións ante un evidente desgaste “exprés” dun Mariano Rajoy, cada vez máis superado polos acontecementos. O populismo barato e perigoso das achegas oportunistas desta señora, son sen dúbida caldo de cultivo para aqueles que no fondo o que pretenden é que o sistema se adapte as súas esixencias de cada momento.

A cuestión non é reducir o número de deputados, nin empezar o evidente proceso de aniquilación do Estado das Autonomías; a cuestión é que as organizacións políticas escollan para traballar nas nosas institucións democráticas a xente competente, e non a bandullos agradecidos coa única ansia de apertar botóns dende escanos que deshonran coa súa desidia. Pretender vivir do conto, en funcións do nivel de filia que sinta por ti o político de quenda, non é máis que podremia política e miseria existencial.
 
A rexeneración moral do concepto de política, ten que ser un piar básico nestes momentos nos que a xente, con moita razón, deixou de crer nela. Hai poucos días un importante empresario galego, deses aos que a crise minou, a pesares de ser un traballador incansable e unha persoa máis que decente cos seus operarios, pedíame que falase nesta columna de  Carlos Dívar, presidente do CGPJ poñéndoo de exemplo do que nunca debe permitir unha sociedade, que ás veces semella estar anestesiada de tanta inmoralidade sobrevida. Se permitimos comportamentos así, o que esta sociedade está transmitido e que aqueles que pensan que están por riba do ben e do mal, campen polas nosas vidas decidindo sobre elas, mentres as súas almas escuras gozan de impunidade. Nas mans de todos nós está non permitir que nin as demagogas nin os aproveitados, sinalen o noso vieiro vital.
 
Ou non?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA