Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 20:03
A parlamentaria do BNG Olalla Rodil rexistrou unha iniciativa parlamentaria polo regreso como tertuliana da exvaledora do Pobo, Milagos Otero, aos 'Faladoiros' da Radio Galega.
En concreto, Rodil pide explicacións para saber se se tratou dunha decisión da dirección da CRTVG ou da radio para recuperala, ou se cre que se trata da persoa idónea para ocupar un micrófono no medio público.
A deputada nacionalista lembrou que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a sinalou como responsable de "desvío de poder" e "arbitrariedade", en relación ao nomeamento "de maneira irregular" de María Fraga, sobriña do expresidente da Xunta e irmá do portavoz do Grupo parlamentario do PP.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.