Na primeira lavandaría un dos detidos utilizou unha machada para romper as máquinas de cambio e apropiarse da recadación e, mentres tanto, o segundo dos detidos permanecía no exterior do establecemento para vixiar. Noutra lavandaría, os detidos levaron directamente a máquina de cambio valorada nuns 3.000 euros e, nesa mesma semana, violentaron tamén a máquina máster de recadación dun establecemento 24 horas dedicado á venda de comida e bebida, accedendo así ao diñeiro recadado.
  comenta   0