Terán lugar o venres 3 de maio na Alameda. As inscricións para os maios poden facerse na modalidade de grupo ou individual e haberá premios para os tres primeiros de cada unha delas. As coplas deberán formalizarse en grupo, nas modalidades de nenos ou de adultos, haberá tres primeiros premios apra cada categoría e cantaranse a partir das 11:30 h.
  comenta   0
Será o vindeiro luns 1 de maio, na Praza da Alameda, e haberá dez centros de ensino e asociacións participantes que amosarán os seus traballos florais. Os mesmos colectivos participaron tamén na elaboración de coplas, editadas polo concello, que se poderán mercar con fins solidarios.
  comenta   0
O Concello de Verín vén de publicar as bases para participar na confección de Maios e na elaboración de coplas que se darán a coñecer o día 1 do vindeiro mes. Das coplas farase unha edición única e conxunta con obxectivos culturais e solidarios; aqueles que fagan doazóns a favor da loita contra o cancro terán un dos 800 exemplares impresos.
  comenta   0
Coincidindo co Día da Nai e o Día Internacional da Clase Obreira, celebrouse en Ourense a festividade dos Maios para dar a benvida á primavera. Estas son as imaxes desta tradicional celebración.
  comenta   0