O viceportavoz segundo do Grupo Parlamentario do BNG, Luís Bará, valorou en profundidade este xoves a nova estrutura da Xunta que dirixe Alfonso Rueda e dixo que ten varias "claves". Asegurou que as modificacións na Presidencia merecen "unha peza separada" pola súa "entidade propia e calado político".