O presidente galego insiste en adaptar a normativa galega á europea pero nesa actualización tamén abordará o cambio e o xeito de elección do futuro director xeral da CRTVG. Tamén, asuntos que os partidos da oposición e organizacións profesionais de xornalistas levan reclamando desde hai anos como é a dun Consello de Informativos e Estatuto Profesional.
  comenta   0
Miranda volve encabezar unha lista que suma a Bieito Lobeira, o pescador e divulgador Rogelio Santos e que pecha un familiar dun dos mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo.
  comenta   0
Toma posesión coma deputado o que foi alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes. Os nomeamentos no segundo nivel da Xunta provocarán novos cambios na bancada popular que se materializarán en próximos plenos.
  comenta   0
Viaxará o 1 de maio para reunirse con empresas pesqueiras galegas e coa colectividade.
  comenta   0
Pontón presenta un "goberno alternativo" para fiscalizar á Xunta: conta con 12 portavoces por cada unha das áreas nas que se divide o Executivo autonómico e reunirase cada 15 días.
  comenta   0
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, reivindicou a "vía galega" do "sentidiño, a cordura, a política útil que a xente reclama un día tras outro" fronte aos "populismos extremistas".
  comenta   0
En xeral, mantense o mesmo número de propostas por pleno e só se varían os tempos das mocións, de forma que por cada iniciativa que introduza Democracia Ourensana por sesión, nese caso o PSdeG, terceira forza con nove deputados, perderá esa cota correspondente. O BNG, con 25 deputados e segunda forza da Cámara, manterá a súa cota.
  comenta   0
A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, anunciou este venres que procederá á retirada, con carácter inmediato, das medallas ao mérito de Traballo a persoas condenadas por corrupción, medida que afectará ao expresidente da CEOE Gerardo Díaz Ferrán ou ao exdirectivo da extinta Caixanova Julio Fernández Gayoso.
  comenta   0
Altri, a gratuidade da AP-9 ou a transferencia de competencias monopolizan a parte final dunha sesión de investidura na que todos os líderes políticos ofreceron pactos pero sen acordos. Rueda asume o cargo co obxectivo de servir "aos que o votaron e aos que non". Pontón e Besteiro pídenlle que non caia nos erros pasados de gobernar sen escoitar, "como Feijóo".
  comenta   0
A líder do Bloque e o do PSdeG ofrecen pactos en sanidade, vivenda e enerxía. Os nacionalistas tamén ofrecen diálogos en rexeneración democrática e os socialistas en lingua e un gran acordo local. Ojea, de Democracia Ourensana, pon o aceno nas "discriminacións" da Xunta con esta provincia.
  comenta   0
O dirixente pontevedrés, quen en 2022 protagonizou a histórica substitución de Feijóo, abrirá unha nova etapa tras a vitoria nas urnas do 18F.
  comenta   0
"Sin tutelas, ni tu tías". Alfonso Rueda gobernará unha nova lexislatura en Galicia, pero esta, a diferencia da anterior, será a súa lexislatura, non a de Feijóo. Cambian as formas e os discursos, pero non as políticas. O líder do PPdeG terá ao Goberno de Pedro Sánchez na diana, afondará nas súas políticas actuais e buscará pactos nunha política industrial que insistirá nos grandes proxectos e na enerxía eólica.
  comenta   0
Crítica a falta de concreción na oferta de pactos en industria e reivindica unha política "activa" en enerxía, con "diálogo e convivencia".
  comenta   0
Impulsar a gratuidade das primeiras matrículas universitarias está entre as medidas que prometeu priorizar, algunhas xa en marcha.
  comenta   0
A comisión de expertos para o desenvolvemento e uso ético da Intelixencia artificial en Galicia celebrou este martes a súa segunda reunión en Santiago de Compostela, na que coñeceu a opinión dos expertos sobre as posibles alternativas para a xestión e seguimento da implantación desta tecnoloxía na Administración e do sector público autonómico de Galicia.
  comenta   0
Alberto Pazos segue de portavoz e Paula Prado, de viceportavoz primeira con Cristina Sanz e María Martínez tamén de viceportavoces. Ourense é a única provincia que non está representada na dirección do grupo popular.
  comenta   0
A ministra de Sanidade, Mónica García, apostou por implantar gardas de 17 horas antes de abolir definitivamente as de 24 horas a través dunha reforma no Estatuto Marco, porque é un cambio "estrutural" que ten que darse "aos poucos" e "progresivamente".
  comenta   0
Para seguir avanzando na organización no Pazo do Hórreo, onde se manterá practicamente a mesma distribución do grupo.
  comenta   0
Estará acompañado pola exministra de Agricultura Elena Espinosa; a exalcaldesa de Lugo Lara Méndez; e a deputada Carmen Rodríguez Dacosta como viceportavoces.
  comenta   0
O nomeamento de Ethel Vázquez na Mesa da Cámara galega aveciña cambios na Xunta cun Rueda que aposta por dar peso ao "partido". O BNG amosa o seu músculo no Parlamento mantendo as súas reivindicacións históricas. Besteiro estrease cun grupo minguado e ausencias na bancada do público e Ourense semella que dará que falar durante os vindeiros catro anos.
  comenta   0
Santalices asume a Presidencia "por última vez". A este órgano vai tamén unha conselleira, Ethel Vázquez, e unha socialista tras cederlle o BNG un posto. O PPdeG presume de maioría absoluta e a oposición pide que escoite e teña en conta a esa outra metade de Galicia.
  comenta   0
A pesar de poder ocupar os dous postos, os nacionalistas decidiron manter a pluralidade na Mesa da Cámara.
  comenta   1