O xulgado ditou un auto no que acorda este pago en execución dunha sentenza de setembro de 2022, que anulou un acordo da institución provincial para outorgar por 213.000 euros un contrato de subministración ao xornal por infrinxirse os requisitos esixidos.
  comenta   0
Segundo o relato do rexedor viu ao cantante dos Suaves Yosi na cola do recinto e este atopábase co editor e propietario de La Región, Óscar Outeiriño, quen "veu cara a min e deume unha puñada no peito. 'Ti sabes polo que é, fillo de p***', díxome ou algo", así explicou o alcalde de Ourense.
  comenta   0
Considera un desprezo que estes partidos non denuncien a suposta agresión que di que recibiu do editor de La Región, Óscar Outeiriño.
  comenta   0
Formalizará o luns outra denuncia pola toma e difusión de audios publicados pola Región.
  comenta   0
«Quen esquece as súas raíces, vólvese moi manipulábel» (Monseñor Rodríguez Carballo, La Región, 18/08/2022)
  comenta   0
Foi o que deixou escrito Francisco Baltar Lorenzo, coñecido como Paco Cana, a familiares e amigos na súa necrolóxica.
  comenta   0
O Grupo Voz volve ser o máis beneficiado, con case a metade do importe. Esta axuda é a maiores dos millóns de euros que estes medios reciben ao longo do ano en concepto de convenios e publicidade coas distintas consellerías.
  comenta   9
"A dos telediarios del final os puedo asegurar que (...) el mundo se divide entre los que están sanos y los que están enfermos: la mayor fortuna de la vida es la fortuna de vivir mientras uno está libre de enfermedad." (Julio Dorado, El silencio del aviador, La Región, 2/10/2020).
  comenta   0
Grandes grupos como La Voz, El Progreso, La Región ou El Correo tamén sopesan a medida. Asociacións e colexios piden axudas para os grupos de comunicación pola baixada brutal de publicidade.
O pasado ano La voz recibiu case 1,2 millóns do total das axudas, a moita distancia de El Progreso, 300.000 e La Región, máis de 182.000. O Goberno galego só esixe que se utilice un 10% de galego por parte destes xornais para recibir as subvencións.
  comenta   7
O presidente de honra da Rexión, José Luís Outeiriño Rodríguez, faleceu este martes 26 de marzo aos 83 anos de idade, segundo informa o xornal ourensán.
  comenta   0
Temos malia todo un amplo espectro mediático, fallan as sinerxías.
  comenta   0
Os diarios en papel galegos dedicaron, en conxunto, un 26% do seu espazo de portada á manifestación convocada pola dereita e ultradereita en Madrid, e tan só un 4% á celebrada en Santiago de Compostela contra os recortes e privatización da sanidade galega.
  comenta   7
Un estudo comparativo entre a prensa tradicional galega e portuguesa evidencia que o mercado dos xornais en papel sufriu un claro retroceso nos últimos anos. Os cambios tecnolóxicos e a crise económica agudizan a agonía deste sector, que perdeu unha cuarta parte do seu mercado.
  comenta   1
O xornal ourensán acusa ao coruñés de “mentir” e pídelle que rectifique tras publicar que os fondos mercados pola Deputación de Ourense xa se poden ver “gratis” na Cidade da Cultura. Xunta e deputacións teñen destinadas inxentes cantidades de diñeiro público aos grandes medios de comunicación.
  comenta   1
“¿A qué se pueden dedicar 3 millones del presupuesto público?”, publica La Voz de Galicia logo de ter recibido tamén millóns de euros da Xunta para publicar o DOG e mercar unha rotativa.
  comenta   8
Apenas o 20 por cento da superficie de portada para a crise no PSOE e tan só o 2 por cento para as súas consecuencias en Galicia. Ese é o espazo que lle adicaron os xornais en papel galegos ao xa histórico cisma socialista. Nalgúns medios, o fútbol mesmo superou en protagonismo a un dos maiores terremotos políticos na historia recente de España. Analizamos tamén os textos de portada de sete xornais mediante lingüística computacional.
  comenta   8