En cinco días esborrallou unha ponte en Ourense, derrubouse parte dunha infraestrutura aberta hai menos dun ano na Coruña e un desprendemento pechou outra estrada en Ourense. A Xunta está utilizando fondos da UE para o cambio climático para tentar arranxar os derrubes nas estradas mentres apunta a motivos exóxenos a maior parte dos colapsos.
  comenta   0
Os populares lembran que "levan oito meses en obras" obrigando aos usuarios a circular por un desvío provisional á altura do acceso a Burela desde Foz, que está a ocasionar moitas incomodidades e prexuízos, en especial a veciños e transportistas.
Para Javier Guerra, o firme da pista do aeródromo olívico "dá mostras sobradas" de non reunir as condicións que require unha infraestrutura aérea destas características.
  comenta   0
Esta muller, de Valeixe, na Cañiza, colleu unha tina con terra e unha aixada para tapar os buracos que non tapa o concello porque "o coche dóelle".
Algunhas compañías optaron por desviar os seus voos ao aeroporto de Santiago de Compostela, onde xa se deixou notar un maior tráfico.
Esta estrada que une Lugo con Ourense ten tramos que son un auténtico perigo para a circulación. Os socialistas acusan ao PP e aos rexedores de Guntín, Portomarín, Chantada, Carballedo, Taboada e Monterroso de "rirse dos veciños".
  comenta   1