Alfredo Conde (Allariz) presentou o 29 de novembro o seu libro 'A Condo do Político', un percorrido pola súa faceta vinculada á vida política que desenvolveu de maneira máis activa como conselleiro de Cultura no goberno presidido por González Laxe. Considera que a evolución social empurra a enmendar constitucións e estatutos de autonomía e que determinados fenómenos políticos en Galicia só se explican pola desesperación ou o desengano.
  comenta   1
Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benjamín Casal, do sector galeguista do PSdeG, votaron a favor de Gerardo Fernández Albor. Pilar García Negro destaca o impulso "galeguista" que Casares lle deu a Lei de Normalización Lingüística.
  comenta   0
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha dun plan estratéxico 2021-2027, que fixe as "novas metas para a Galicia que vén".
  comenta   0
O ex deputado Anxo Guerreiro 'Geluco' alertaba xa en 1984 que os encontros entre políticos do PP e capos servían para “financiar” a este partido. Unhas acusacións que provocaron un enfrontamento entre a Xunta e o Goberno de Felipe González no que tivo que intermediar o entón vicepresidente galego, José Luis Barreiro, e o ministro do Interior de entón, José Barrionuevo.
  comenta   2
O presidente galego quéixase de que Luís Villares "impute delitos" valéndose da súa inmunidade e pregúntase se respectará a presunción de inocencia cando volva ser xuíz.
  comenta   4
“Será quen de diferenciar o que é a presunción de inocencia cando non estea nesta Cámara?”, espetoulle ao líder de En Marea cando este suxeriu que serán xuíces os que acaben ditando setencias polas reunións de líderes do PP e ex presidentes da Xunta, como Albor, ou o propio Feijóo, con narcotraficantes, como xa fixeron co caso Bárcenas.
  comenta   8
Lembra que estivo cobrando 3.000 euros no Consello Consultivo "sen ter pisado nunca o seu despacho" e critica ao PPdeG por utilizar as institucións para facer "partidismo".
  comenta   0
O ex edil de CxG e agora no grupo dos non adscritos presenta unha estrana iniciativa na que lembra que o pai de Alfonso Rueda e Xosé Cuíña foron os impulsores da moción de censura contra Albor e que logo “traicioaron” a Barreiro.
  comenta   11
"O camiño percorrido valeu a pena. Creo no futuro porque creo nas persoas e xuntos podedes facer grandes cousas", subliña Gerardo Fernández Albor.
  comenta   2