O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde de Valga, José María Belo Maneiro, visitaron este mércores o Colexio Rural Agrupado CRA de Valga acompañados por unha delegación da Consellería de Educación do Goberno de Canarias.
  comenta   0
CIG-Ensino di que o alumnado escolarizado nunha vintena de unitarias do rural non ten profesorado especialista de Educación física e Música. O STEG denuncia o peche de varias aulas de FP en varios centros.
  comenta   0
A formación vén de lanzar "un plan de país" para o rural que comprende manter as escolas unitarias, dotar de pediatría os centros de saúde e garantir os servizos bancarios.
  comenta   0
O Goberno galego vén de impulsar unha declaración con 97 concellos para pedir que os fondos europeos procuren "un rural forte" mentres agroman as denuncias de recortes en escolas unitarias.
  comenta   0
Di que non teñen os seis alumnos necesarios, aínda que os centros da Luaña, en Brión, e Comiáns, na Laracha, teñen cinco nenos matriculados.
  comenta   0
A Confederación de Anpas Galegas vén de emitir un comunicado no que denuncia o peche das escolas rurais. Apela a unha "organización territorial do País que responda ao aproveitamento da nosa realidade cultural" e critica que a eliminación de escolas se rexa por "criterios de economía miserable e pouco profesional". Entre outros moitos casos, Portocubelo e O Viso (Carnota) veñen de perder as súas dúas escolas.
  comenta   1
O verán é o momento no que moitas escolas unitarias do país se formulan volver abrir as súas portas para o próximo curso. O GC fala coas mestras rurais Alicia López e Alonso Barreiro Caxade sobre as potencialidades destas escolas, o que supón a súa perda para a comunidade rural e o que hai que reconsiderar no modelo educativo imperante. Da outra banda, dúas nais contan por que apostan polas unitarias para escolarizar os seus nenos.
  comenta   0