A prohibición do Congreso sobre Palestina en Alemaña, xunto coa negativa para permitir a entrada de Yanis Varoufakis no país, representan unha seria violación dos dereitos fundamentais e os principios democráticos en Europa.
  comenta   0
A eurodeputada comunicoullo á presidenta do Parlamento Europeo, xa que sostén que "esta delegación está a avalar o xenocidio que Israel perpetra en Gaza".
  comenta   0
A situación nos territorios palestinos ocupados desde 1967 é alarmante e esixe unha acción inmediata por parte da comunidade internacional. O informe presentado pola Relatora Especial da ONU, Francesca Albanese, non deixa lugar a dúbidas: o pobo palestino enfronta un xenocidio que merece a atención e a intervención urxente dos líderes mundiais.
  comenta   0
O aumento do gasto europeo en defensa é un tema que non só afecta a Europa, senón que tamén ten repercusións a nivel global. O incremento exponencial no gasto militar reflicte un cambio na dinámica política e de “seguridade” na U.E.
  comenta   0
O Defensor do Pobo anunciou os gañadores da XIX Edición do Concurso de Debuxo sobre Dereitos Humanos, no que participaron máis de 2.000 nenos e nenas de toda España e de colexios españois no estranxeiro.
  comenta   0
Albares arrefría a posible viaxe de Díaz a Palestina e reivindica a postura "valente" de Sánchez ante as súas críticas. O ministro resta importancia á súa viaxe aprazada a Alxeria: "son cousas que pasan".
  comenta   0
Organizaranse talleres, conferencias, cursos e galardóns específicos para fomentar e recoñecer o traballo a favor da defensa dos dereitos humanos, sempre desde unha perspectiva internacional, que favoreza a permeabilidade de novos enfoques e propostas.
  comenta   0
“Todos os homes son intelectuais; porén non todos cumpren a función de intelectuais na sociedade”. Esta soada cita de Antonio Gramsci ofrece unha reflexión profunda sobre o papel dos intelectuais na sociedade. Gramsci expón que todos os seres humanos teñen a capacidade de ser intelectuais, é dicir, de pensar, razoar e analizar de maneira crítica. Porén, non todos exercen esta función de maneira efectiva nin contribúen ao progreso intelectual e social.
  comenta   0
«Cando a ditadura é un feito, a revolución vólvese un dereito». Esta poderosa cita do famoso escritor e poeta francés Vítor Hugo encapsula a idea de que en situacións de opresión e tiranía, o desexo de liberdade e xustiza convértese nunha forza irresistible. A historia está chea de exemplos nos que os individuos e as sociedades resistiron e desafiaron réximes autoritarios e opresivos, loitando pola democracia e os dereitos humanos.
  comenta   0
Os episodios rexistrados en Gaza e Cisxordania durante os últimas días revelan que a carencia dunha solución estábel e satisfactoria para Palestina é a causa última do mantemento da guerra aberta, dende hai décadas, naqueles territorios.
  comenta   0
Nilufar Saberi é unha activista iraniana exiliada do seu país desde 1980 logo da chegada do réxime dos aiatollahs. Nunha xira por Galicia deu conta da vulneración dos dereitos humanos sobre a muller en Irán. Despois da morte de dúas mozas por desafiar as leis sobre vestimenta, a sociedade iraniana protesta contra un réxime teocrático que é acusado internacionalmente de financiar grupos terroristas extremistas.
  comenta   0
A maxistrada Raquel María Naveiro Santos asegura que os xuíces teñen moitos problemas á hora de ditar sentenzar relacionadas con discriminacións laborais por razóns de idade, que afectan maiormente ás persoas maiores. Aquí expón varios exemplos reais.
  comenta   0
Nestes días de acontecementos importantes na liña sucesoria da Coroa española, propoño con esta columna unha reflexión sobre a pertinencia das monarquías no momento presente, a partires de valores democráticos e dunha simetría nas obrigas e nos dereitos, rexeitando o berce como forma de provisión desta maxistratura do Estado. Porque estamos no século XXI, onde o carácter divino ou case máxico na provisión dos monarcas está amplamente superado... ou non?
  comenta   0
Bernardo Caal é un mestre e sindicalista guatemalteco pertencente á minoría maia Q’eqchi’. Dende hai tempo compaxina a súa profesión co activismo en defensa do medio ambiente e os dereitos dos pobos indíxenas. Foi detido en 2018 polo seu compromiso contra a explotación dos ríos e as prácticas das hidroeléctricas Oxec e Renace, esta última ligada á española Cobra ACS vinculada a Florentino Pérez, empresario e presidente do Real Madrid.
  comenta   0
Estes comités de crise debían estar operativos antes de finalizar este ano 2023, pero a Comisión Europea aprobou unha prórroga para ampliar o prazo ata decembro de 2024, xa que a maioría de CCAA aínda non tiñan listos estes centros.
  comenta   0
Abel Rivera atópase en situación de asilo en España, dentro dun programa de protección internacional a traballadores represaliados polas súas compañías. No seu caso, por denunciar desde o ano 2015 as prácticas que realiza a multinacional francesa Nestlé na súa planta de Bugalagrande, no colombiano Val do Cauca.
  comenta   0
Estes acordos "esquecen potenciar o desenvolvemento sustentable" xa que benefician, na súa opinión, de maneira desproporcionada ás grandes empresas agroalimentarias de América Latina e impoñen normas máis estritas aos agricultores da UE.
  comenta   0
A vida é cambio. Nós somos cambio, moito máis do que tendemos a pensar. E, aínda así, persistimos en formas e modos de organización social e política que, ao mellor, tamén poden mudar sen moito maior drama. Non dunha forma caótica, pero si como froito do natural devir, como forma de “aggiornamento” aos novos tempos... Invocar á tradición ou mesmo á Lei hoxe vixente pode ser, ás veces, un tanto reducionista... Ou non?
  comenta   0
A Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) divulgou os datos e sinala que en 2023 serán 8 persoas as que reciban axuda para morrer.
  comenta   0
Pablo Fragoso, o afectado, ve no fallo "unha demostración máis" de que España "persegue" a sindicalistas "a través da súa xustiza e os seus xuíces".
  comenta   0
Sandra Reyes e Modesto Ochoa, activistas ambientais de Honduras, intercambiaron experiencias con representantes de varias organizacións de defensa da terra e coa veciñanza de Touro
  comenta   0
A xuiza apunta que a imprescriptibilidade dos delitos de lesa humanidade e xenocidio foi introducida no ordenamento xurídico español "en data moi posterior" ao crime
  comenta   0
O acto terá lugar durante o desenvolvemento do VII Atopo Internacional Acampa pola Paz que reunirá na Coruña a especialistas e fotoperiodistas para "reflexionar sobre os efectos do odio".
  comenta   0
Ademais, cargan contra o entón Goberno presidido polo 'popular' José María Aznar que "se implicou directamente nunha guerra declarada coa escusa, que se demostrou ser falsa, da posesión de armas de destrución masiva por parte de Iraq"
  comenta   0
No verán do 2001 ou 2002, non lembro ben, pasei, xunto cun bo amigo, un mes en Ecuador. Percorremos boa parte do país coñecendo de primeira man proxectos de organizacións ecuatorianas que recibían o apoio de ONGs galegas. Unha das zonas ata a que nos achegamos foi Esmeraldas.
  comenta   0
Membros da Corporación de Mos, encabezados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e da asociación Aemos expresaron o seu rexeitamento ao "intolerable ataque vandálico"
Hai novas que chaman moito a atención. E unha delas é a que se refire ós 222 disidentes políticos presos en Nicaragua pois, segundo din os informativos, son liberados e convertidos en apátridas e acollidos por un temo por Estados Unidos. O coloso do norte parece ter interés en negociar co país centroamericano e salvarlle a cara ó tirano Daniel Ortega, igual que aconteceu no franquismo con España traendo as bases americanas e impedindo que os gañadores da segunda guerra mundial derribaran a ditadura do Caudillo.
  comenta   0