Neste ano 2024 a idade de xubilación ordinaria retrásase ata os 66 anos e 6 meses para aquelas persoas que teñen menos de 38 anos cotizados, quedando nos 65 para os que teñen 38 ou máis. As previsións do IGE para o 2036 estiman que o grupo poboacional con máis poboación activa será o de 55 a 64 anos, crecendo tamén a poboación activa de 65 ou máis anos.
  comenta   0
Galicia rexistrou un total de 14.103 nacementos en 2023, o que supón 392 menos que en 2022 (- 2,7 %). Esta cifra supón o peor dato na comunidade galega desde que hai rexistros. A modo de exemplo, se a comparativa se fai con hai un década, a cifra de 2023 é de 5.624 bebés recentemente nados menos que os 19.727 de 2013.
  comenta   0
No que vai de 2023 faleceron na comunidade galega un total de 21.515 persoas. Sen embargo, ata o pasado mes de xullo (último dato dispoñible), só naceron 8.086 persoas, o que supón 13.429 menos das que morreron. É dicir, morreron máis do dobre de galegos dos que naceron.
  comenta   0