Ángeles Vázquez critica que "só unha sala concreta do TSXG" tomba proxectos eólicos e avisa de que, se o TS non lles dá a razón, os parques en España serían "nulos".
  comenta   2
Negocios emerxentes que dan moito diñeiro en pouco tempo. Detrás das principais empresas de enerxías limpas en Galicia hai auténticas fortunas; Manuel García Pardo, Luis de Valdivia e Fernando Romero Martínez. Entre os tres suman unha fortuna de 1.700 millóns de euros.
  comenta   0
A CEG apunta ás 20.000 vacantes de Galicia na presentación dun estudo do Instituto EY-Sagardoy que preside Fátima Báñez
  comenta   0
O socialista Pablo Arangüena apuntou á Consellería de Medio Ambiente como principal responsable da "malleira xudicial" que reciben por parte do alto tribunal galego "ao omitir a normativa ambiental elemental".
  comenta   0
A exconselleira de Medio Ambiente pasou a engrosar a cúpula da empresa pouco despois de dar o visto bo a tres parques eólicos denunciados por fragmentación irregular. Agora, o TSXG vén de pedir á Xunta a documentación relativa aos proxectos para investigar se se cumpriu a lei. O Tribunal xa anulou os permisos dun parque de Norvento en circunstancias similares.
  comenta   0
Sos os primeiros recursos a cargo do Fondo na Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica. As entidades promotoras recorren os complexos eólicos de Bustelo, Campelo e Monte Toural.
  comenta   0
O adeus á política activa do ex conselleiro Jesús Vázquez é o último episodio dunha longa lista de altos cargos de Feijóo “sacrificados” para tentar apaciguar liortas internas do PP, ou para tentar gañar cidades, que non saíron ben. Son “ordes” do presidente ás que ninguén pode dicir que non. El os nomea para a Xunta e el os retira.
  comenta   6
A exconselleira de Medio Ambiente e o home escollido por Feijóo para a fusión das caixas galegas entran no consello de administración da empresa enerxética.
  comenta   0
Esta renovación e ampliación do consello enmárcase dentro do plan estratéxico da compañía, que prevé o salto o desenvolvemento dun amplo 'pipeline' en eólica terrestre e offshore, fotovoltaica e biomasa.
  comenta   0
Só 3 das 200 especies ameazadas contan cun plano de conservación ou recuperación aprobado e en funcionamento. Adega denuncia o "desleixo" do Goberno galego na protección de especies vulnerables e critica que benefice a empresas privadas como Greenalia.
  comenta   0
Durante a súa etapa como conselleira de Medio Ambiente, a Xunta autorizou 5 parques eólicos ás distintas filiais de Greenalia, e concedeu 1,8 millóns en subvencións e préstamos ás empresas do grupo no que agora traballa.
  comenta   0
Rosa Gallego xa foi concelleira de Facenda e portavoz na oposición e ía de número dous na lista que encabezaba Beatriz Mato á Alcaldía.
  comenta   0
Os conselleiros independentes máis o externo serán maioría sobre os dominicais e avánzase na composición paritaria
  comenta   0
A empresa telefónica propón renovar o seu consello de administración coa ex titular de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e Ana García Fau por ser "idóneas" para o cargo e reducilo a 10 membros.
  comenta   1
O colectivo ‘Salvemos a Comarca de Ordes' rexeita a súa instalación e esixe aos concellos da comarca afectados que informen á veciñanza e que reclamen máis información a Greenalia e o Goberno central.
  comenta   2
De confirmarse o caso de incompatibilidade, "non resultaría sorprendente" declaran os seus deputados, xa que o Partido Popular "ten adoitada á cidadanía ás súas prácticas corruptas e que os seus altos cargos entren en consellos de administración polas portas giratorias tras deixar a política".
  comenta   0
Será directora de Desenvolvemento Corporativo e RSC nesta empresa con sede na cidade herculina, dous meses despois de deixar a política. O BNG califica o feito de "pouco presentable".
  comenta   0
Toma esta decisión despois de optar como candidata á Alcaldía da Coruña e non obter o número necesario de edís para poder conformar goberno.
  comenta   3
A rebaixa do imposto sería maior para aquelas familias que teñan dous ou máis fillos e aqueles fogares con dificultades económicas.
  comenta   0
Foron apostas persoais de Feijóo que colleitaron sonoros fracasos. Hoxe ocupan importantes postos na administración pública por designación directa do Partido Popular.
  comenta   1
Acusa de "demagoxia" o debate que se abriu ao redor desta suba salarial. Rexeita establecer "cordóns sanitarios" á hora de chegar a acordos para construír un "proxecto de cidade"
  comenta   2
O rexedor da Coruña está fondamente doído cos “poderes fácticos e mediaticos” da Coruña. Asegura que hai xornais que “queren que a xente vote por determinadas opcións políticas” e que, por iso, tentan influír directamente na campaña a través de informacións maliciosas. “Que te saquen cos seus fillos pequenos pois aí xa traspasan moitas barreiras e iso xa non pode ser”, asegura en alusión a La Voz de Galicia. Con todo, tamén recoñece erros na xestión da cidade e pide o voto para poder rematar o proxecto iniciado hai catro anos. Ten moi bo concepto da nova líder do PSOE, Inés Rey, “que foi unha estudante aplicada”, pero apunta que o PSOE e o BNG, se poden, “teñen preferencia entre eles” por pactar e repartirse institucións, como concellos e deputacións.
  comenta   13
É a candidata do PSOE á Alcaldía da Coruña e a máis nova con posibilidades de dirixir unha gran cidade galega. Asegura que as feridas xa están fechadas no PSOE coruñés pero lamenta a saída do partido de históricos como Paco Vázquez. “Outros como Pepe Blanco aí seguen traballando sen cargos”, di. Critica a certas figuras da candidatura de Xulio Ferreiro porque “non se lle pode chamar orcos aos veciños” e tamén acusa ao alcalde de “vitimismo”. O seu obxectivo é volver situar a Coruña como referente en Galicia e iso implica “sentar e falar cada mes con Feijóo” a quen critica o seu control dos medios de comunicación.
  comenta   0
Jorge Suárez, alcalde e candidato á reeleción en Ferrol, considera necesario cambiar o modelo de financiamento da sanidade. Xulio Ferreiro, candidato á reelección na Coruña, engade que a sanidade non debe depender da vontade dunha persoa. Pola súa parte, Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña, "oxalá houbese máis Amancio Ortega".
  comenta   3
Beatriz Mato aposta por impulsar esta área, "que foi unha zona de tráfico de drogas", e darlle unha segunda vida con campos de fútbol e rugby, entre outros.
  comenta   0
A presidenta local do PP coruñés e candidata á Alcaldía, fixo estas declaracións no cuarto Encontros de Cidade.
  comenta   0
Beatriz Mato define esta maneira de achegarse á xente como "un instrumento máis co que percorrer os barrios nos vindeiros meses".
  comenta   0