Artigos de Xosé Lois Carreira

Venceredes, mais non convenceredes

O Paraninfo da Universidade de Salamanca foi testemuña privilexiada un 12 de outubro de 1936 do enfrontamento entre Miguel de Unamuno e o xeneral da lexión José Millán Astray, unha aceda discusión sintetizada neste titular para a historia e que acabaría supoñendo o desterro do intelectual nos últimos meses da súa vida.

A morte biolóxica, social e política da Galiza

A cousa é ir indo. Ir indo como romeiros dunha procesión da santa compaña neste mundo absurdo á espera ou de volta dunha morte anunciada. Completos e satisfeitos. Enterrando non cadáveres senón semente, engadiría Castelao.

Mensaxe recibida

A primeira obriga de toda forza política coa sociedade a que se dirixe como co seu propio electorado despois dunha desfeita como a do mes pasado é cando menos a de ter cursado o recibo de chegada de que tan contundente mensaxe foi recibida. Ter cursado un mensaxe recibida alto, claro, conciso e con todas as letras. Seguido tamén dun mea culpa, equivocámonos, para rematar coa asunción íntegra de toda a responsabilidade sen ambaxes, fintas nin paliativos, se é que falamos de forzas políticas aínda coa dignidade como bandeira e proclama.

A imprevisibilidade transformadora e o postnacionalismo galego

Segundo o filósofo español Félix Duque a postmodernidade remata no ano 2000 coa destrución das torres xemelgas de New York, masacre simbólica e real dunha civilización e dun modelo económico.