Saturado de escoitar falar de tanta crise, de quen minte para xustificar erros e políticas regresivas, decido ir ao cine e escollo, na oferta que hai, unha peli das poucas que se fan en galego. Chámase Vilamor.
Os anos pasan e as follas do calendario caen case sen decatarnos. Camiñamos pola vida na percura de obxectivos que ás veces resultan inalcanzables. O día das letras empezou a súa andaina no 1963 co obxectivo de conmemorar o centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro.
Levamos máis de dous anos de crise, e cada día que pasa, parece que nunca chegamos á saída do túnel. Primeiro a culpa era de Zapatero. Logo,os que confiaban en Rajoy pensaban que todo trocaría a mellor, e agora decepcionados decátanse que este non é o camiño.
A verdade é que síntome, como moitas persas, enganado pola imaxe que tiña do noso monarca. Pois, diante moitos compañeiros, e incluso dos meus fillos, defendía que, o actual xefe de Estado, desenvolvía un papel importante como monarca.
A Semana Santa é un tempo de penitencia, de reflexión sobre a paixón de Cristo e de perdón. Joan Manuel Serrat, nunha das súas fermosas cancións con versos de Machado dicía referíndose ao pobo: “que todas la primaveras anda buscando escaleras para subir a la cruz…” eu entendo que todas las primaveras anda a pedir perdón.
Cando estamos nunha folga xeral motivada porvunha reforma laboral feita a medida para as empresas, posiblemente sexa o momento acaído para reflexionar sobre as razón de tantas esixencias e normas que lle afectarán á parte social, sin que a parte empresarial teña, alomenos unas normas éticas de boas prácticas que a obliguen nunha relación que aparece ante os cidadáns como desequilibrada e que deixaao arbitrio dos patróns a regulación do mercado laboral.
Nos tempos que vivimos e coa recesión económica derivada da crise mundial; recesión que ten características propias no Estado e na nosa terra, moitos somos ós que nos preocupa como será a Galiza do futuro.
Nas diversas tertulias políticas, con suma frecuencia, aproveitando o argumento da crise económica actual, aparecen voces que, ao falar de recortes en servizos públicos dunha forma aberta, culpán do endebedamento do Estado ás comunidades autónomas.
Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com