Artigos de Xosé Glez.

Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023

Queixouse algunha vez don Ramón Otero Pedrayo de que non se traballasen a rego tanto os arquivos galegos como os de fóra de Galicia. Tiña o convencemento de que neles estaba adormecida boa parte da memoria histórica.

Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas

Na Italia dos anos sesenta do século pasado, o goberno lanzou unha campaña dirixida a “introducir a Constitución nas fábricas” coa pretensión de garantir os dereitos individuais dos traballadores; procedendo, ao tempo, a unha limitación paralela dos exhorbitantes poderes do empresariado. Unha medida que o Estado español non promoveu despois de ser promulgada en 1978 a Constitución.

XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega

Na fraseoloxía galega hai unha mostra moi acaída para o que aquí vou comentar. Díse dunha muller ou dun home que están feitos de cerna para cualificalos como rexos, persoas con principios.

Vieiro da Franqueira, tradición e galeguismo

A Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 4 de maio de 2016 dedícalle algúns artigos á protección dos camiños ou vieiros de valor cultural que cruzan a nosa xeografía. Todos eles foron estudados por diversos autores e autoras.

O cego dos Vilares

En 1986 morría na Fontaneira (Concello de Baleira) Florencio López Fernández, máis coñecido polos apelativos de “Florencio da Fontaneira” e “Cego dos Vilares”. Pasou toda a súa vidade desde neno percorrendo feiras e romaxes da contorna da montaña luguesa, cantando romances da súa autoría acompañándose dun violín que aprendera a tocar bantante ben, por certo, cun músico.

A antropóloga Paula Godinho ingresa na Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto

O pasado ano a Asociación de Amigos do Couto Mixto acordou fundar a Academia das Ciencias Sociais daquel singular territorio que preside o historiador don Luís M. García Mañá e dirixe o profesor da Universidade de Vigo don Xosé Manuel Cid Fernández. Esta nova entidade vén completar e compartir o labor realizado desde hai máis de vinte anos pola Asociación de Amigos do Couto. A súa función será aglutinar a personalidades relevantes de aquén e alén da raia en todas as disciplinas da investigación.

O maxistrado Daniel García Ramos

A incorporción do idioma galego nos usos xurídicos ten na súa historiografía nomes propios de persoas da maxistratura, fiscalía e profesionais do Dereito que tiveron unha participación decisiva na apertura dun proceso despois de cinco séculos de marxinación.

María do Ceo en Redondela

María do Ceo vén de pujblicar un novo disco,“Galicia Nai”, que teño a honra de prologar. O repertorio inclúe poemas de Manuel María, Armando González, Rosalía de Castro, , Xosé Neira Vilas, Ricardo Carballo Calero, e Xosé Velo Mosquera, personaxe tan admirado por min.