O novo exame de Historia da Filosofía inclúe a Aristóteles e Kant

Nin o exame principal nin o de reserva anteriores se axustaban aos criterios elaborados polo grupo de traballo da materia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O exame de Historia da Filosofía, que tivo que ser aprazado por un erro nos contidos das probas, puido retomarse finalmente durante a tarde do venres en tempo e forma, cun novo formulario adaptado aos criterios definidos nas bases que se remitiron aos centros.

A proba reiniciouse ás 16.00 horas e incluía, na súa 'Opción A', cuestións sobre 'Os límites do coñecemento' de Kant, a antropoloxía e a política segundo Platón, e exercicios nos que había que relacionar determinados conceptos cun autor e nomear obras de Karl Marx.

A opción alternativa do exame abordaba a 'Ética e política' de Aristóteles, a razón e o progreso na Ilustración e obras de Ortega e Gasset e de Friedrich Nietzsche. A proba, inicialmente prevista para as 11.00 horas, foi anulada tras comprobar que os contidos do exame non se correspondían coas bases que a Comisión Interuniversitaria de Galicia elaborara e remitira previamente aos centros educativos para preparar as probas.

Nin o exame principal nin o de reserva se axustaban aos criterios elaborados polo grupo de traballo da materia, e foi necesario elaborar un novo cuestionario para repetir a proba durante a tarde. Durante a xornada do venres tamén se celebrou a proba de Deseño, na que se pedía realizar un comentario crítico sobre varias imaxes mostradas e unha proposta persoal de deseño.

Así mesmo, en Historia da Arte, tíñase que escoller entre varias láminas e identificar, analizar e comentar cada unha desas obras, enmarcándoas no seu contexto histórico-artístico.O resto de materias foron Bioloxía, Xeoloxía e Economía ds Empresa.

Alumnos Practicando Un Exámen De Selectividade
Alumnos Practicando Un Exámen De Selectividade

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta