Temas: UE LIDIA SENRA

Lídia Senra defende unha nova estratexia forestal europea favorable ao bosque autóctono e contra os incendios

A eurodeputada viu "prioritario" o "actuar contra os incendios forestais" e vinculou estes lumes co cambio climático.

Por E.P. | OURENSE | 18/05/2019 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

A eurodeputada Lídia Senra, candidata de 'En Marea: Compromiso por Europas' ás eleccións do 26 de maio, estivo este Ourense, onde reivindicou unha nova estratexia forestal europea a favor do bosque autóctono e que actúe contra os incendios forestais.

Así, a candidata defendeu unha nova estratexia forestal que aposte pola biodiversidade, o silvopastoreo e outros aproveitamentos do monte, co obxectivo de acabar co monocultivo do eucalipto en Galicia.

A eurodeputada viu "prioritario" o "actuar contra os incendios forestais" e vinculou estes lumes co cambio climático. "Un dos efectos do cambio climático é a desestacionalización e o aumento dos lumes, unha realidade que en Galicia se palpa, ve e contrasta cada vez máis", dixo.

Por iso, defendeu actuar en dous niveis, por unha banda, desenvolvendo unha agricultura de base agroecolóxica que permita instalar agricultores en todo o territorio, producindo alimentos e coidando o medio ambiente.

Doutra banda, avogou por establecer un servizo "cento por cento público" para a prevención e extinción de incendios, que "acabe coa precariedade laboral e coa privatización do servizo e que se manteña activo todo o ano".

"A loita contra o cambio climático dáse creando empregos de calidade, estables e sustentables no medio rural", explicou Senra, que apostou tamén por unha nova repartición das axudas da PAC, que "estableza un primeiro tramo de axudas de 8.500 euros por persoa activa, que determine prezos que cubran os custos e traballos de produción e que potencie os circuítos curtos de comercialización".

26M.- Lídia Senra Defende Unha Nova Estratexia Forestal Europea En Favor Del Bosque Autóctono E Contra Os Incendios. EN MAREA: COMPROMISO PO EUROPAS
26M.- Lídia Senra Defende Unha Nova Estratexia Forestal Europea En Favor Del Bosque Autóctono E Contra Os Incendios. EN MAREA: COMPROMISO PO EUROPAS | Fonte: Europa Press

Temas: UE LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta