As persoas en cadeira de rodas poden desfrutar xa da primeira Escola de Baloncesto

O principal obxectivo desta iniciativa é promocionar o deporte adaptado a nivel de iniciación.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 09/05/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

O Club Abeconsa Basketmi presentou este xoves a Escola de Baloncesto en Cadeira de Rodas da Coruña, unha iniciativa pioneira en Galicia e que está incluída no proxecto de Escolas Deportivas Adaptadas que impulsa Predif Galicia (Plataforma Representativa Estatal de persoas con Discapacidade Física de Galicia).

Cadeira de rodas.
Cadeira de rodas.

O principal obxectivo desta iniciativa é promocionar o deporte adaptado a nivel de iniciación e achegar a práctica da actividade física a persoas con discapacidade. Tamén fomenta a socialización dos deportistas, o traballo en equipo, o respecto e a superación persoal. 

O material necesario para a iniciación, como as cadeiras de rodas deportivas, achégao o club Abeconsa Basketmi para que os usuarios poidan animarse a probar sen ter que facer un gran desembolso económico. 

A presentación da Escola celebrouse nas instalacións de Mariña Coruña coa presenza, entre outros, do concelleiro de Culturas, Coñecemento e Deporte, Xosé Manuel Sande, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, que aplaudiu a iniciativa que xurdiu na cidade galega.

"Por moitas cousas sodes un exemplo, pero sobre todo polo voso esforzo e pola vosa calidade humana. Ademais, este esforzo que levades a cabo vese engrandecido por unha característica fundamental do grupo que formades, que é a condición de escola que recibe este proxecto. Todos necesitamos formarnos como persoas", sinalou. López-Rioboo destacou a "capacidade para a superación e a autoestima" de todos os que forman parte do proxecto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta