Científicos e investigadores matemáticos estudan en Santiago solucións aos retos da industria

Cinco días para abordar e dar solucións aos principais retos da industria actual.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 08/04/2019 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O foro '174 European Study Group with Industry (Esgi)' reúne desde este luns ata o vindeiro venres, día 12 de abril, a científicos industriais e investigadores matemáticos europeos en Santiago de Compostela para abordar e dar solucións aos principais retos da industria actual. O director do Igape, Juan Cividanes, inaugurou xunto á decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Elena Vázquez, e a presidenta da Rede Española Matemática-Industria (math-in), Peregrina Quintela, este evento.

Na súa intervención, Cividanes destacou a importancia da investigación e a matemática aplicada na mellora dos procesos industriais das pequenas e medianas empresas (pemes), así como a relevancia da transferencia do coñecemento científico á empresa para abordar con éxito as novas posibilidades que se abren da man da innovación tecnolóxica e para mellorar a competitividade do tecido produtivo.

Ademais, recoñeceu o papel deste tipo de foros para reforzar as relacións de traballo entre os matemáticos e a industria e destacou o impulso que leva a cabo a Axenda Industria 4.0. na implantación da industria conectada, a fábrica intelixente e a dixitalización en xeral.

European Study Group with Industry
European Study Group with Industry | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miguelere

Es lo mismo que hicieron en Alicante press y todavía no se sacaron conclusiones en claro. Esperemos que por santiago tengan más Suerte.