A castaña, motor da economía e do rural galego

Constituída a Mesa da Castaña como órgano asesor para "consolidar" o liderado de Galicia na súa produción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 16:34

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, participou este luns en Boqueixón (A Coruña) na constitución da Mesa da Castaña, un órgano colexiado de carácter consultivo e asesor no que, ademais da Xunta, están representados os principais axentes sociais e económicos co obxectivo de "consolidar" o liderado de Galicia na produción deste froito.

Castañas
Castañas

 

E é que, segundo informa o Goberno galego, a galega é "a principal" autonomía de España en produción e exportación de castañas, con ao redor de 20 millóns de quilos anuais. Este volume, unha vez transformado, xera un valor superior aos 70 millóns de euros en comercialización. Neste contexto, o conselleiro do Medio Rural erixiu este froito como "transcendente, importante e paradigmático" para a Comunidade, xa que conta cunha superficie de plantación de castiñeiros que chegan a ocupar case 46.500 hectáreas.

 

Así, González insistiu no traballo conxunto da administración e o sector "para que a castaña, que xa é importante na actividade económica do rural galego, creza aínda máis". A Mesa terá como principais obxectivos funcionar como un foro continuado de diálogo e traballo, así como impulsar medidas de fomento, promoción, mellora, vertebración e coñecemento destas producións.

 

Ademais, o conselleiro recalcou que este órgano suporá tamén "un impulso" á defensa dos castiñeiros en Galicia, "unha alternativa económica no agro que favorecerá a creación de riqueza e emprego no rural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Virginia

Paréceme maravilloso. Os soutos son patrimonio natural, sosteñen valiosos ecosistemas e axudan a manter un desenvolvemento sostible no rural. Oxalá medidas coma estás fagan que o rural galego frene o seu abandono.