Identifican as primeiras imaxes en movemento de Lorca en Galicia

Foi coa súa compañia de teatro La Barraca en actuacións en Vigo e Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2019 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O fotohistoriador Carlos Castelao identificou as primeiras imaxes en movemento da estancia do escritor Federico García Lorca en Galicia. En concreto, trátase de dez segundos de película nos que o poeta granadino paséase riseiro pola rúa Príncipe de Vigo acompañado de varios dos integrantes da súa compañía teatral, A Barraca, en agosto de 1932. Segundos máis tarde, aparece a Praza da Quintana de Santiago, onde a agrupación monta un escenario entre a Casa da Conga e a Torre da Berenguela.

En concreto, segundo explica a editora Alvarellos nun comunicado, trátase dunha película sobre a xira que a compañía realizou por Galicia aquel verán de 1932. O filme proxectouse este venres na cidade olívica coa participación do responsable do achado, Carlos Castelao, e o editor Henrique Alvarellos, impulsor en 2018 do 'Día de García Lorca en Galicia'.

Son, en total, dez minutos de película gravados no seu día por Gonzalo Menéndez-Pidal, membro da Barraca e fillo do ilustre polígrafo Ramón Menéndez Pidal. O achado de Carlos Castelao produciuse a partir dunha das fotos incluídas na edición facsimilar de 'Seis poemas galegos' de Lorca. A editora Alvarellos encargoulle ao fotohistoriador o estudo a fondo da filmación, de modo que puido comprobar que estas fotogramas, que xa se podían visualizar na rede pero non foran identificados, correspóndense coa estancia do poeta granadino e da súa compañía en Vigo e en Santiago.

Identifican as primeiras imaxes en movemento de Federico García Lorca e o seu co. EDITORA ALVARELLOS
Identifican as primeiras imaxes en movemento de Federico García Lorca e o seu co. EDITORA ALVARELLOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta