Un choque entre un turismo e un autobús en Lourizán sáldase cun ferido

Ao lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e a intervención de persoal de limpeza da Axencia Galega de Infraestruturas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Unha colisión entre un turismo e un autobús de pasaxeiros rexistrada este mércores en Lourizán, en Pontevedra, saldouse cunha persoa ferida.

O 112 tivo constancia dos feitos sobre as 16,30 horas, cando un vehículo impactou contra o autobús na PO-546, ao seu paso pola parroquia de Lourizán.

Foron avisados os servizos sanitarios de urxencia e os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

Nota De Prensa. GARDA CIVIL
Nota De Prensa. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta